Na Asociación Diabética Auria temos programadas unha serie de actividades para os meses de Abril e Maio:
- O 25 de Abril, terá lugar a XUNTANZA DE PRIMAVEIRA, na que pretendemos reunir a todos/as os/as MAIORES da asociación, para xuntos compartir experiencias e recibir educación diabetolóxica por parte da nosa Enfermeira especializada, Marisa Ruíz. Recordade que podedes traer un acompañante.
o Lugar: Restaurante Rías Baixas
o Hora: 13.30
- O 28 de Abril, unha das nosas Enfermeiras Educadoras en Diabetes, Marisa Ruíz, impartirá unha CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN en colaboración con Diabalance.
o Lugar: Local da Asociación (R/Dr. Fléming nº43 – soto)
o Hora: 17.30

- O 29 de Abril, os nosos compañeiros de ALCER Ourense ofrecerán unha charla sobre discapacidade á que estamos todos/as convidados/as.
o Lugar: Salón de actos del Edificio de Aixiña (R/ Recaredo Paz, nº1)
o Hora: 17.00

- O 2 de Maio terá lugar en Ourense a busca do Tesouro de Ogmios en Ourense, un evento para toda a familia, organizado polo Polígono Virtual de Galicia, no que se repartirán máis de 1500€ en premios. 1€ de cada inscrición será doado á nosa asociación.

- O 16 de Maio temos programada una excursión ó pobo-escola “O Viso” en Lodoselo para os/as nenos/as da asociación e os seus familiares.

Gustaríanos moito que asistirades ás actividades que temos programadas para vos, para poder unirnos e formar grupo. ¡ANIMÁDEVOS! Se estades interesados en participar en algunha delas, por favor poñédevos en contacto coa asociación.